Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22874

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 314/2010 CRS).

Nº de recurso: recurso de suplicación 314/2010 CRS.

Materia: accidente de grao.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Pontevedra.

Demanda: 33/2009.

Recorrente: Francisco Javier Pousada Vidal, letrada Isabel Barbero y Palma.

Recorridos:

-Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

-Instituto Social da Mariña.

-Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, letrado Luis Estaban Leyenda Martínez, Vigo. Letrada Eva Monteoliva Díaz, A Coruña.

-Aldan Import, S.L., C7 Ramón Barez, 2, 2º, Bueu, Pontevedra.

Secretaría: María Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións número 314/2010 CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 33/2009 do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra promovidos por Francisco Javier Pousada Vidal contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Aldan Import, S.L., sobre accidente de grao, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a Sentenza de data 30 de outubro de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra nos autos número 33/2009 seguidos por instancia do traballador contra a empresa, a Mutua Gallega, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte, Aldan Import, S.L., cuxo último domicilio coñecido é na rúa Ramón Barez, 2, 2º, Bueu, Pontevedra, que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Aldan Import, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Ramón Barez, 2, 2º, Bueu, Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 14 de maio de 2012.

A secretaria xudicial