Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22884

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (63/2011).

Nº de autos: procedimiento ordinario 63/2011.

Demandante: Juan Andrés Morillo Gómez.

Demandados: JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., El Corte Inglés, S.A., Fogasa.

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 63/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Juan Andrés Morillo Gómez contra a empresa JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido que estimando en parte a demanda interposta por Eduardo García Rodríguez, con DNI 34595312-T, contra a empresa JVB, Servicios Logísticos para Grandes Superficies, sociedade limitada, e contra El Corte Inglés, S.A., debo declarar e declaro que procede parcialmente, e condeno a JVB a que lle aboe ao demandante a suma de 1.035,36 €, coa responsabilidade solidaria de El Corte Inglés ata a cifra de 991,95 €.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe interpor recurso de suplicación, por canto a contía litixiosa non excede os 1.800 euros (artigo 189.1 da LPL).

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, vinte e tres de maio de dous mil doce

A secretaria xudicial