Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22885

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (862/2011).

Nº de autos: despedimento/cesamentos en xeral 862/2011 CH.

Demandante: Alfredo Ginzo Wilkins.

Demandada: Cath Tapea, S.L.

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 862/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Alfredo Ginzo Wilkins contra a empresa Cath Tapea, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Decreto: 216/2012.

Nº de autos: despedimento/cesamentos en xeral 862/2011.

Demandante: Alfredo Ginzo Wilkins.

Demandada: Cath Tapea, S.L.

Decreto.

Secretaria xudicial: María Adelaida Egurbide Margañón.

A Coruña, vinte e tres de maio de dous mil doce.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 24.8.2011 tivo entrada neste Xulgado do Social número 2 demanda de despedimento presentada por Alfredo Ginzo Wilkins fronte a Cath Tapea, S.L.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 21.5.2012 ás 10.50 horas.

Terceiro. Ao acto de conciliación/xuízo a parte demandante manifestou que desiste da acción interposta.

Fundamentos de dereito:

Único. Declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o proceso e ao non solicitar o demandado a continuación do procedemento, procede ter o demandante por desistido da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Parte dispositiva:

Acordo:

– Ter por desistido a Alfredo Ginzo Wilkins da súa demanda de despedimento fronte a Cath Tapea, S.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e de ser o caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, telefax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LPL. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 1532 no Banesto, e deberá indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E servindo de notificación a Cath Tapea, S.L., expídese a presente co fin de que sexa publicada no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de maio de 2012

A secretaria xudicial