Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22888

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (175/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra María Teresa Dávila Lago, Limber Multiservicios, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e o Servizo Galego de Saúde, en reclamación por seguridade social, rexistrado co número 175/2010, ditouse a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña o dezaoito de maio de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña tras ver estes autos sobre seguridade social entre partes, dunha e como demandante Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, que comparece o letrado Jorge Estébanez Juega, e doutra como demandada María Teresa Dávila Lago asistida polo letrado Santiago Hervella Nieto; non comparece a empresa Limber Multiservicios, S.L. malia estar citada; polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) comparece a letrada Belén Guerra Díaz, e polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) comparece o letrado Sr. Carballal Lugrís.

Resolvo:

1º. Que estimo a demanda sobre determinación de continxencia interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo fronte ao INSS, declarando que o proceso de IT de María Teresa Dávila Lago iniciado o 4.10.2007 deriva de enfermidade común. Todo iso con condena da citada demandada a pasar por este pronunciamento.

2º. Que desestimo a acción exercida fronte a María Teresa Dávila Lago, a empresa Limber Multiservicios, S.L., o INSS e o Sergas.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0175 10, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0175 10 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación a Limber Multiservicios, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de maio de 2012

O secretario xudicial