Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22605

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2692/2010).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 2692/2010 desta Sección, seguido por instancia de Josefina Trigo Orrea, contra Fogasa, Maderas del Fojo, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Antonio Cascante Burgo, Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre incapacidade temporal, se ditou a seguinte resolución:

Estimamos o recurso de suplicación formulado polo letrado da Administración da Seguridade Social, en nome e representación do INSS e da TXSS, contra a sentenza do 31 de marzo de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, no procedemento 226/2009, sobre incapacidade temporal, instado por Josefina Trigo Orbea contra a Mutua Gallega, o INSS, a TXSS e Maderas del Fojo, S.L., no sentido de que non procede declarar a responsabilidade subsidiaria do INSS e a TXSS, confirmándoa nos restantes pronunciamentos.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as sinaturas e a publicación.

Advírtese o destinatario de que as seguintes notificacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamentos. Para que lle sirva de notificación a Maderas del Fojo, S.L., con último domicilio coñecido no lugar do Foxo, Ancorados, A Estrada, expido este edicto.

A Coruña, 22 de maio de 2012

O secretario xudicial