Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22603

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (895/2012).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 895/2012 desta sección, seguido por instancia da comunidade de herdeiros de Alfonso Noguerol Pernas, C.B., estación de servizo O Pino, contra Sergio Fernández Álvarez, María Moure Fuentes, Vicente Noguerol Moure, Ana María Noguerol Moure, María Elena Noguerol Moure, María Ángeles Noguerol Moure, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación formulado polo letrado José Antonio Pérez Fernández, en nome e representación da comunidade de herdeiros de Alfonso Noguerol Pernas, C.B., estación de servizo O Pino, contra a sentenza do 23 de decembro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, no procedemento 531/2011, sobre despedimento, seguido por instancia do demandante Sergio Fernández Álvarez, confirmando integramente e en todos os seus termos a expresada resolución.

Déase aos depósitos e consignacións o destino legal. Condénase a recorrente ao aboamento de 300 euros en concepto de honorarios da letrada da parte impugnante.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que lle sirva de notificación a María Moure Fuentes, Vicente Noguerol Moure, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes notificacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 14 de maio de 2012

O secretario xudicial