Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22607

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1754/2008).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 1754/2008 casación 56/2012 IP-A a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 317/2007 do Xulgado do Social número 4 de Vigo, promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social, Diego Moledo Pereira contra o Servizo Galego de Saúde, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mecanizados García Barreiro, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Dilixencia de ordenación.

Secretario xudicial: Francisco Javier Gamero López-Peláez.

A Coruña, 12 de abril de 2012.

Únase o anterior escrito ao recurso correspondente coas súas copias. Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para compareceren, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo no prazo de dez días, achegando copias do citado escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 4 de Vigo que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, agás que se trate de autos, sentenzas e emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Mecanizados García Barreiro, S.L., con último domicilio coñecido no polígono industrial de Amoedo, parcela 2 b, zona C, Pazos de Borbén, Pontevedra, expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de maio de 2012

O secretario xudicial