Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2012 Páx. 22609

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Cambados

EDICTO (151/2009).

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Cambados.

Xuízo ordinario: 151/2009.

Parte demandante: David Calvete Bello, Sonia Consuelo Vila Rivas.

Procurador: Jesús Martínez Melón.

Parte demandada: Gestión de Chalets, S.L.

Nos autos de referencia ditouse a seguinte resolución:

«Decido que, estimando integramente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Jesús Martínez Melón, en nome e representación de Sonia Vila Rivas e David Calvete Bello, contra Gestión de Chalets, S.L., debo declarar e declaro resolto en contrato privado de compravenda subscrito entre as partes o día 28 de xuño de 2006, e debo condenar e condeno a entidade demandada a aboarlles aos demandantes a cantidade de dez mil novecentos dezaseis euros con sesenta céntimos (10.916,60 euros), máis os xuros previstos no artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, así como ao pagamento das custas procesuais desta instancia.

Notifíquese ás partes esta resolución, facéndolles saber que non é firme e que fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, debendo presentarse ante este mesmo xulgado, por escrito, no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Gestión de Chalets S.L., expídese a presente.

Cambados, 21 de maio de 2012.

O/a secretario/a xudicial