Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21880

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (876/2011).

N.º de autos: procedemento ordinario 876/2011.

Demandante: María Vera Fariña Pazos.

Avogado: José Nogueira Esmorís.

Demandados: empresa Óscar José González de la Hoz –Cafetaría Marisma–.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 876/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Vera Fariña Pazos contra a empresa Óscar José González de la Hoz –Cafetaría Marisma– sobre reclamación de salarios (procedemento ordinario) se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Vera Fariña Pazos contra Óscar José González de La Hoz e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Óscar José González de La Hoz a que lle aboe ao demandante a cantidade de 7.369,93 € brutos polos salarios percibidos entre novembro de 2010 e febreiro de 2011, ambos os dous inclusive, pagas extras (xullo e beneficios 2011), e compensación económica por vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 € do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e poderá substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Óscar González de Hoz –Cafetería Marisma–, expido e asino o presente.

A Coruña, 16 de maio de 2012.

A secretaria xudicial