Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21882

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1298/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1298/2009, se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 14 de maio de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1298/2009 (acumulado 122/2011), en que foi demandante Joaquín Canay Vázquez, representado polo letrado Sr. Novo Pinilla, e demandadas a empresa SGR Análisis y Diagnosis, S.L. e a empresa Soluciones Globales de Restauración y Rehabilitación, S.L., así como a administración concursal da empresa Soluciones Globales de Restauración y Rehabilitación, S.L., coa comparecencia do administrador único e administrador concursal Alberto Sáenz-Chas, da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Joaquín Canay Vázquez contra as empresas SGR Análisis y Diagnosis, S.L. e Soluciones Globales de Restauración y Rehabilitación, S.L. e, en consecuencia, condeno a estas últimas a aboar a Joaquín Canay Vázquez a cantidade de 10.361,36 euros que lle deben, cantidade que deberase incrementar co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a SGR Análisis y Diagnosis, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 18 de maio de 2012.

A secretaria xudicial