Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21884

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2012, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, da contratación da xestión e explotación do servizo de cafetaría no complexo Centro de Tecnificación de Piragüismo de Verducido (Pontevedra).

Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica, mediante Resolución do 15 de maio de 2012, procédese agora a efectuar o anuncio de licitación deste.

Esta resolución constitúe un acto de trámite para os efectos do parágrafo primeiro do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Presidencia da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da xestión e explotación do servizo de cafetaría no complexo Centro de Tecnificación de Piragüismo de Verducido (Pontevedra).

b) Lugar de execución: nas condicións do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Prazo de execución: catro anos contados desde o día seguinte ao da data da súa sinatura e poderá prorrogarse, por mutuo acordo das partes, por un período máximo de dous anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto non harmonizado e contrato administrativo especial.

4. Canon mínimo de licitación.

Importe total: 14.400,00 €, e conforme a seguinte distribución por anualidades:

Ano 2012: 2.100,00 €.

Ano 2013: 3.600,00 €.

Ano 2014: 3.600,00 €.

Ano 2015: 3.600,00 €.

Ano 2016: 1.500,00 €.

Importe total do canon no suposto de prórroga: 7.200,00 €, e conforme a seguinte distribución por anualidades:

Ano 2017: 2.100,00 €.

Ano 2018: 3.600,00 €.

Ano 2019: 1.500,00 €.

5. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe, ao abeiro do disposto no artigo 91 da Lei de contratos do sector público.

b) Garantía definitiva: cinco por cento (5%) do total do canon ofertado polo adxudicatario para os catro anos de vixencia do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

No Servizo de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (estadio multiusos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26/981 54 26 23. Fax: 981 54 26 39).

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas a que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados tamén na rede da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17496

Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a acreditación efectuarase mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na folla de especificacións do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presentar a documentación a que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro).

c) Lugar de presentación:

No rexistro público da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), tamén poden ser enviados por correo dentro do prazo de admisión.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Enderezo: estadio multiusos San Lázaro, s/n, porta 4, 15781.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto (5) día hábil seguinte ao de rematar o prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ao seguinte día hábil.

e) Hora: 10.00 horas.

9. Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará no taboleiro de anuncios dos servizos centrais da Secretaría Xeral para o Deporte o resultado de apertura, para que se emenden, se fose o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos do anuncio.

Este anuncio será por conta do adxudicatario, así como, se é o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2012.

Por desconcentración (Decreto 325/2009)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte