Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21878

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (349/2012).

N.º de autos: despedimento/cesamentos en xeral 1010/2011.

Demandante: Manuel Antonio Seoane Sobrino.

Avogado: David Pena Díaz.

Demandado: empresa Jorge Jesús García Souto.

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1010/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Manuel Antonio Seoane Sobrino contra a empresa Jorge Jesús García Souto sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 349/2012.

Na cidade da Coruña o 3 de maio de 2012.

Vistos por Luis Carlos Mariana Niño, xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 desta cidade da Coruña, os autos número 1010/2011 promovidos en reclamación sobre despedimento, por instancia de Manuel Seoane Sobrino (DNI 76330649-C), asistido polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa García Souto, Jorge Jesús (CIF-NIF-NIE 03089897-P), que non compareceu ao acto da vista malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando a demanda deducida por Manuel Seoane Sobrino (DNI 76330649-C) contra a empresa García Souto, Jorge Jesús (CIF-NIF-NIE 03089897-P) en procedemento por despedimento, debo declarar o despedimento do dito demandante como improcedente, e condeno a empresa demandada a que readmita inmediatamente o demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral, satisfacendo neste último caso ao demandante a indemnización de 1.172,91 euros.

A dita opción deberá exercerse no termo de 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose o sentido da opción, condeno así mesmo a parte demandada a que satisfaga á parte demandante os salarios de tramitación percibidos desde o 29.9.2011 á de notificación desta sentenza, atendendo ao salario regulador diario de 44,68 euros.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 65 1010 11, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 1010 11, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo Sr. xuíz substituto que a subscribe, realizando audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Jorge Jesús García Souto, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de maio de 2012.

O secretario xudicial