Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21876

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (145/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 145/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Humberto Pérez Roca contra a empresa Nueva Despensa, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 357/2012.

Na cidade da Coruña o oito de maio de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do xulgado e localidade ou provincia A Coruña tras ter visto os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante Humberto Pérez Roca, que comparece asistido polo letrado Jaime López Pardo e doutra como demandada Nueva Despensa, S.L., que non comparece a pesar de estar citada.

Decido:

1.º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Humberto Pérez Roca fronte á empresa Nueva Despensa, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo isto con aboamento, calquera que sexa a súa opción, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

Esta opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo, sen que se opte, entenderase que procede a readmisión.

2.º. A indemnización e os salarios de tramitación que debe aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 6.900,30 euros (seis mil novecentos con trinta céntimos de euro).

– En concepto de salarios de trámite, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 9,02 €/día, e que ata a data da presente sentenza ascenden a 1.082,16 euros.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en (Banesto 0030.1846) a nome deste xulgado co núm. 1533 0000 36 0145 12 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533 0000 60 0145 12 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día da data do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Nueva Despensa, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de maio de 2012.

O secretario xudicial