Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21874

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (648/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 648/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio García Pombo contra a empresa Carpinox A Coruña, S.L.L., se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

«Autos 648/2011.

Na cidade da Coruña, 16 de abril de dous mil doce.

Lara M.ª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento, por instancia de Antonio García Pombo, que comparece representado pola letrada Sra. Gómez Lozano, contra a empresa Carpintox Coruña, S.L.L., que non comparece, ditou a seguinte:

Sentenza/decisión que estimando a demanda interposta por Antonio García Pombo contra a empresa Carpintox Coruña, S.L.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 12.5.2011 e declaro extinguida a relación laboral con data desta sentenza, e condénoa a indemnizalo pola extinción coa cantidade –salvo erro ou omisión– de vinte e tres mil catrocentos noventa e oito euros e vinte e cinco céntimos (23.498,25 €); e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución, tendo en conta que ascenden a vinte e oito mil trinta e tres euros (28.033 €).

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.

De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista e deberá acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Carpinox Coruña, S.L.L., expido a presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de maio de 2012.

A secretaria xudicial