Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21873

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1034/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña hago saber que no día da data, no proceso seguido por instancia de Arturo José Abad Sánchez contra Tabellarius, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1034/2009, se acordou notificar a Tabellarius, S.L., en ignorado paradoiro, a decisión da sentenza ditada nos presentes.

«Decido que estimando a demanda interposta por Arturo José Abad Sánchez contra a empresa Tabellarius, S.L., condénase esta última a que lle aboe ao demandante a cantidade de quince mil catrocentos corenta euros e noventa e tres céntimos (15.440,93 €), incrementada co xuro por mora do 10%.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.

De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, e poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e deberase acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de citación a Tabellarius, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG.

A Coruña, 15 de maio de 2012.

A secretaria xudicial