Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21872

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1124/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que no día da data, no proceso seguido por instancia de José Medina de la Rosa contra Pinturas y Reformas Nur, S.L. e o Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1124/2009 acordouse citar a Pinturas y Reformas Nur, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de notificar o ditame da sentenza recaída nos presentes.

«Decido que, estimando a demanda interposta por José Medina de la Rosa contra a empresa Pinturas y Reformas Nur, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de cinco mil cincocentos vinte e un euros e vinte céntimos (5.521,02 €), incrementada co xuro por demora do 10%.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, podendo substituírse la consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén a consignación na indicada conta da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso».

E para que sirva de citación a Pinturas y Reformas Nur, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de maio de 2012.

A secretaria xudicial