Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21871

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (864/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 864/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega Accidentes de Trabajo contra a empresa Pesqueras Los Ancones, S.L., sobre Seguridade Social, ditouse a seguinte resolución, cuxo ditame se xunta:

«Decido que, considerando a demanda interposta pola Mutua Gallega contra a empresa Pescaderas Los Ancones, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, condeno a empresa a que lle reintegre á mutua demandante a cantidade de seiscentos cincuenta e dous euros e sesenta e nove céntimos (652,69 €), coa responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, na súa consideración de sucesor do antigo Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo e de Servizo de Reaseguro, respectivamente.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que é firme.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pesqueras Los Ancones, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de maio de 2012.

A secretaria xudicial