Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21870

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (4/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 4/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Mazas Palla contra a empresa Maderas Vilacoba, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre Seguridade Social, ditouse a seguinte resolución, cuxo ditame é o seguinte:

«Decido que, estimando en parte a demanda interposta por Manuel Mazas Palla contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Maderas Vilacoba, S.L., recoñezo o seu dereito a unha pensión de xubilación, con efectos do día 3.9.2010, do 84% da base reguladora de 251,04 euros, con responsabilidade da empresa de asumir ao seu cargo o 12% da prestación e sen prexuízo da obriga de anticipo por parte da entidade xestora, e condeno os demandados a pasar pola presente declaración e aos respectivos aboamentos da indicada prestación, que se fará efectiva nos termos regulamentarios e cos incrementos e revalorizacións que en dereito procedan.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Maderas Vilacoba, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de maio de 2012.

A secretaria xudicial