Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21868

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Cambados

EDICTO (424/2009).

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Cambados.

Xuízo procedemento ordinario 424/2009.

Parte demandante: Santander Consumer Establecimiento Financiero, S.A.

Parte demandada: Andrés Padín Otero, Álvaro José Otero Aradas, Revestimientos Aradas y Padín, S.L.

En xuízo de referencia ditouse sentenza cuxo ditame é do teor literal seguinte:

«Decido que, estimando integramente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Jesús Jacobo Martínez Melón, en nome e representación de Banco Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., contra Revestimientos Aradas y Padín, S.L., Álvaro José Otero Aradas e Andrés Padín Otero, debo condenar e condeno os demandados a aboarlle solidariamente ao demandante a cantidade de trinta e dous mil trescentos sesenta e nove euros con setenta e tres céntimos (32.369,73 €), máis os xuros previstos no artigo 1.108 do Código civil desde a data de interposición da demanda ata a presente resolución e os previstos no artigo 576 da LAC desde a data da presente resolución; con expresa imposición das custas procesuais desta instancia aos demandados.

Notifíqueselles ás partes esta resolución, facéndolles saber que non é firme e que fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que debe presentarse ante este mesmo xulgado, por escrito, no prazo de cinco días desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación en legal forma aos demandados Álvaro José Otero Aradas e Revestimientos Aradas y Padín, S.L., expídese a presente.

Cambados, 15 de maio de 2012.

A secretaria xudicial