Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21866

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 5245/2008-GA).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 5245/2008-GA, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 64/2008 do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Guillermo Paz Piñeiro, Dragados y Construcciones, S.A., Talleres y Montajes Industriales, S.A., Montajes del Noroeste, S.A., Montajes Nervión, S.A., e Cooperativa Coinnor, sobre accidente, con data do 16 de maio de 2012 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvemos que desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, do 26 de xuño de 2008, en autos número 64/2008, que confirmamos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza, e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á Cooperativa Coinnor, actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de maio de 2012.

M.ª Socorro Bazarra Varela
Secretaria xudicial