Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21864

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 1422/2012-GA).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-Sala do Social da Coruña.

Tipo e n.º de recurso: recurso suplicación 1422/2012-GA.

Xulgado de orixe/autos: demanda 738/2008. Xulgado do Social número 3 de Pontevedra.

Recorrente: Tania Pensado Novas.

Avogada: Patricia Rivas Vila.

Recorridos: Fogasa, Pon Gas, S.L., Grupo Saygas, S.L., José Ramos y Cía., S.L., Instalaciones Pon Gas, S.L.

Avogado: Francisco Javier Lopo Mourenza.

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 1422/2012-GA desta sección, seguido por instancia de Tania Pensado Novas contra o Fogasa, Pon Gas, S.L., Grupo Saygas, S.L., José Ramos e Cía., S.L., e Instalaciones Pon Gas, S.L., sobre incidentes de execución, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos.

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Tania Pensado Novas contra o Auto do 7 de xullo de 2011, ditado polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, en autos seguidos por instancia da recorrente contra Instalaciones Pon Gas, S.L., Pon Gas, S.L., Grupo Saygas, S.L., José Ramos y Cía., S.L. e o Fogasa, a sala confírmao na súa totalidade.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co n.º 1552, debendo indicar no campo concepto «Recurso», seguida do código «35 Social Casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social Casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Grupo Saygas, S.L. e José Ramos y Cía., S.L., actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de maio de 2012.

A secretaria xudicial