Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21862

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2012 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes admitidas polas quendas de promoción interna e de acceso libre á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir sete prazas na escala técnica superior de administración da USC.

Por Resolución do 8 de novembro de 2011 (DOG do 22 de novembro e BOE do 19 de decembro) convocáronse probas selectivas para cubrir sete prazas na escala técnica superior de administración da USC, subgrupo A1, catro pola quenda de promoción interna e tres pola quenda de acceso libre.

Mediante Resolución do 20 de xaneiro de 2012 (DOG do 3 de febreiro) modifícase a composición do tribunal cualificador das ditas probas selectivas.

Por Resolución do 6 de febreiro de 2012 (DOG do 17 de febreiro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na páxina web http://www1.usc.es/WebPas/SPAS/Funcionarios/Indice.htm

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas polas quendas de promoción interna e de acceso libre para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega) o día 18 de setembro de 2012, ás 16.00 horas, no Servizo de Normalización Lingüística (vivendas dos catedráticos 1.º, avda. das Ciencias, Campus Vida, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se realizase o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela