Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2012 Páx. 21861

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 24 de abril de 2012, da Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal mediante nomeamento estatutario eventual de persoal interino, por concurso de méritos, unha praza da categoría de facultativo especialista da Área de Anestesioloxía e Reanimación.

A Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 95/2004, do 13 de maio, polo que se crea o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Diario Oficial de Galicia n.º 94, do 18 de maio), e polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 15 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia n.º 119, do 19 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a vinculación temporal mediante nomeamento estatutario eventual de persoal interino, por concurso de méritos, dunha praza de facultativo especialista da Área de Anestesioloxía e Reanimación.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios do Servizo de Persoal do complexo hospitalario.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro do complexo hospitalario no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de abril de 2012.

Francisco A. Soriano Paredes
Xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo