Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21273

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Chantada

EDICTO (324/2000).

Denise Romero Barciela, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada, fago saber que neste procedemento se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 62/03.

En Chantada o dez de xullo de dous mil tres.

Vistos por María Fidalgo Fidalgo, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Chantada, estes autos de xuízo de divorcio, seguidos neste xulgado co número 324/2000, por instancia de Violeta Rodríguez Rodríguez, representada polo procurador Sr. Cedrón Trigo e defendida polo letrado Juan Carlos de Isasi Martínez, contra José Luis Sánchez Alvarado, declarado en situación procesual de rebeldía e contra o Ministerio Fiscal; e, decido que, admitindo a demanda formulada pola representación de Violeta Rodríguez Rodríguez fronte a José Luis Sánchez Alvarado, debo declarar e declaro a disolución por causa de divorcio do matrimonio contraído por ambos o 19 de xullo de 1987.

Os efectos do divorcio serán os recollidos no convenio regulador subscrito polos cónxuxes e aprobado pola sentenza do Xulgado Cantonal de Appenzell Ausserrhoden, Suíza, do 14 de febreiro de 1994.

Non procede a expresa imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación, que deben preparar ante este xulgado no prazo de 5 días.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma ao demandado José Luis Sánchez Alvarado, declarado en situación de rebeldía e actualmente en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto.

Chantada, 1 de setembro de 2010.

A secretaria xudicial