Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21274

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (295/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e

Certifico que neste xulgado se seguen autos número 295/2010 por instancia de Aurelio Muñoz Palacio contra a empresa Rodríguez Souto e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 9.5.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Aurelio Muñoz Palacio fronte a Rodríguez Souto e, en consecuencia, condénase a empresa Rodríguez Souto a aboar ao demandante a cantidade de dous mil sete euros con corenta e nove céntimos de euro (2.007,49 euros), devindicados os conceptos salariais o 10% de xuro moratorio anual.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Rodríguez Souto, expido e asino a presente.

A Coruña, 14 de maio de 2012.

A secretaria xudicial