Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21275

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (601/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento ordinario 601/11 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noelia García López contra Mercaforte, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

Que, estimando a demanda presentada por Noelia García López contra Mercaforte, S.L., e contra o Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 1.963,30 euros, máis os xuros de mora. Absolvo o Fogasa, sen prexuízo da ulterior responsabilidade que lle puider alcanzar nos supostos legalmente previstos.

E para que sirva de notificación en forma a Mercaforte, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 10 de maio de 2012.

O secretario xudicial