Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21276

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (44/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que nos presentes autos de xuízo ordinario n.º 44/2010 se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 9 de maio de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 44/2010, sendo demandante Norberto Santiago Mejuto Buño, representado polo letrado Sr. Pousa Merens, e demandadas as empresas Edei School, S.L. e Edei Liper, S.C., e foi citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Norberto Santiago Mejuto Buño contra as empresas Edei School, S.L. e Edei Liper, S.C., e, en consecuencia, condeno estas últimas a aboarlle a Norberto Santiago Mejuto Buño a cantidade de 5.000 euros que debe, cantidade esta que se deberá incrementar co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino. Ana Rodríguez Piorno, asinado».

Publicada no día da súa data.

E para que sirva de notificación a Edei School, S.L. e Edei Liper, S.C. en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa publicación no DOG e para colocar no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 11 de maio de 2012.

A secretaria xudicial