Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21278

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (182/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo ordinario número 182/2010, nos cales se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 22 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 182/2010, sendo demandante Silvia Gómez Doeste, asistida polo letrado Sr. Pedreira Candal, e demandada a empresa Antonio Vara Rodeiro, e foi citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), e...

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Silvia Gómez Doeste contra a empresa Antonio Vara Rodeiro, e, en consecuencia, condeno esta última a aboarlle a Silvia Gómez Doeste a cantidade de 1.792,83 euros que lle debe, cantidade, que se deberá incrementar co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Ana Rodríguez Piorno, asinado».

Publicada no día da súa data.

E para que sirva de notificación á empresa Antonio Vara Rodeiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e para colocar no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de maio de 2012.

A secretaria xudicial