Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21271

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (197/2011).

Ana González González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, polo presente

Anuncio:

No presente procedemento de divorcio seguido por instancia de Dorinda Vieitez Díaz fronte a Jesús Rodríguez González ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 513/11.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

En Ourense o 12 de maio de 2011.

Vistos os presentes autos número 197/11 sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. Silva Montero, en nome e representación de Dorinda Vieitez Díaz como demandante asistida polo letrado, fronte a Jesús Rodríguez González, que foi declarado en rebeldía.

Resolución:

Acordo a disolución do matrimonio formado por Dorinda Vieitez Díaz e Jesús Rodríguez González con todos os efectos legais inherentes á devandita disolución.

Non se impoñen as custas deste procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución cabe preparar, no prazo de cinco días, recurso de apelación (arts. 457 e ss. LAC) ante este tribunal, debendo constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina S.S. Dou fe».

E, encontrándose o devandito demandado, Jesús Rodríguez González, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 10 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial