Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21269

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (16/2011).

No procedemento ordinario 16/11, seguido por instancia de Onda Keramikos, S.A., fronte a Rosa María Monserrat Gasulla e José Inocente Arenas Bachiller, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución literal é o seguinte:

«Sentenza.

En Pontevedra, 16 de abril de 2012.

Xuíz que a dita: Roberto de la Cruz Álvarez.

Demandante: Onda Keramikos, S.A.

Procurador: Pedro A. López López.

Avogado: Luis Fernando González Carracedo.

Demandados: José Inocente Arenas Bachiller e Rosa María Montserrat Gasulla (rebeldes procesuais).

Obxecto do xuízo: reclamación de cantidade (responsabilidade administrador sociedade limitada).

Decido que, estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Onda Keramikos, S.L., fronte a José Inocente Arenas Bachiller e Rosa María Montserrat Gasulla, condeno ambos os dous demandados a aboar á demandante a suma de 19.088,83 euros na forma e co xuro sinalado no fundamento xurídico 4.º da presente.

Con expresa imposición das custas deste procedemento ás partes demandadas.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interporá directamente neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino.»

E, encontrándose os devanditos demandados, Rosa María Monserrat Gasulla e José Inocente Arenas Bachiller, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a aqueles.

Pontevedra, 20 de abril de 2012.

O/a secretario/a xudicial