Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21267

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 511/2012).

Secretaría: Sr. Gamero López-Peláez.

Tipo e n.º de recurso: recurso de suplicación 511/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 410/2010 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrentes: Pedro L. Abalde García e outros.

Avogado: Antonio Troncoso de Castro.

Procurador: Fausto Valentín Blanco García.

Recorridos: Bienvenido Rodríguez Pérez e outros.

Avogado: Miguel Ángel Lamela Méndez.

Procurador: Juan Antonio Garrido Pardo.

Recorrido: Industrias de Tableros Valga, S.A.

Avogado: Miguel Hinrichs Gallego.

Procuradora: Ana María Tejelo Núñez.

Recorrido: Taguive, S.L.

Avogada: María Dolores Carpintero Vázquez.

Procurador: Gonzalo Lousa Gayoso.

Recorrido: Fondo de Garantía Salarial.

Recorrido: Fibras de Madera, S.A.

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 511/2012 seguido por instancia de Rogelio Fernández Fernández e outros contra Taguive, S.L., Industrias de Tableros Valga, S.A, Fibras de Madera, S.A., Fogasa, sobre resolución de contrato, ditouse a seguinte resolución:

«Que desestimamos o recurso de suplicación interposto polo letrado Miguel Lamela Méndez actuando en nome e representación de Bienvenido Rodríguez Pérez, José Ramón Coto Iglesias, Francisco Rico Carvalho, Manuel Vázquez Vilar, Carlos Seoane Osorno, Óscar Souto Duarte, Alberto Manuel Troncoso Oliveira, Juan Carlos Brea Míguez, Higinio Rodríguez Rico, Rosa Rivas Couto, Herminia Gómez González, Rosa Campelo Carballo, Rogelio Fernández Fernández, Domingo Pino Doval e Antonio Alonso Domínguez, e o interposto polo letrado Antonio Troncoso de Castro, actuando en nome e representación de José Manuel García Prego, Jesús Ignacio Domínguez, José Otero Míguez, Herminio Carracedo González, Rosa Mar Mouriño Rivas, Delfín Puime Alonso e Pedro Abalde García contra a sentenza de data 21 de outubro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo en autos 646/2011, seguidos por instancia dos recorrentes contra as empresas Taguive, S.L, Industrias de Tableros Valga, S.A. (Intavalsa), Fibras de Madera S.A., a Administración concursal da mercantil Taguive, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre extinción de contrato de traballo, debemos confirmar e confirmamos a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Fibras de Madera, S.A., con último domicilio coñecido na r/ Porteliña, s/n, Ponteareas, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de abril de 2012.

O secretario xudicial