Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21265

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2012 pola que se aproba a relación definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as e se anuncia a data do primeiro exercicio das probas selectivas de acceso á categoría de técnico especialista de Análise Instrumental.

Mediante a Resolución desta universidade do 27 de febreiro de 2012, publicada no DOG n.º 48, do 8 de marzo (corrección erros nos DOG do 16 e 26 de marzo), convocáronse probas selectivas para a provisión dunha praza da categoría de técnico especialista de Análise Instrumental, vacante no cadro de persoal laboral de administración e servizos desta universidade.

Rematado o prazo de subsanación e emenda e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta reitoría

RESOLVEU:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a relación definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo de técnico especialista de Análise Instrumental, con expresión da causa de exclusión. A lista completa de aspirantes figurará exposta no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (edificio da Xerencia, Campus das Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo). Simultaneamente, e para os efectos meramente informativos, publicarase nos rexistros auxiliares dos Campus de Ourense (Unidade Administrativa), Campus de Pontevedra (E.U. de Enxeñaría Técnica Forestal) e Vigo (rúa Torrecedeira n.º 86) e na páxina electrónica da Universidade de Vigo,
http://persoal.uvigo.es/Persoal_de_Administracion_e_Servizos/Emprego/Convocatorias_xerais, do Servizo de Persoal de Administración e Servizos.

Segundo. Convocar os/as aspirantes admitidos/as para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición o día 19 de xuño de 2012, ás 10.00 horas na aula 20 da Facultade de Ciencias do Mar, do Campus de Vigo (As Lagoas-Marcosende).

Os/as aspirantes deberán ir provistos/as do documento nacional de identidade, lapis do n.º 2, goma de borrar e bolígrafo negro ou azul.

Terceiro. Establecer un prazo de cinco días hábiles a partir do seguinte ao de realización deste exercicio para formular reclamacións.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 25 de maio de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo