Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21263

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 15 de maio de 2012 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), anunciada pola Orde do 19 de xaneiro de 2012.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), pola Orde do 19 de xaneiro de 2012 (DOG núm. 27, do 8 de febreiro), de conformidade co disposto no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), anunciada pola Orde do 19 de xaneiro de 2012 (DOG núm. 27, do 8 de febreiro).

Segundo. Declarar deserto o posto de traballo que se indica:

Código do posto: AG.A02.00.000.15770.055.

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Coordinación, Control e Xestión Administrativa.

Grupo: A1.

Nivel: 28.

Corpo/escala: xeral.

Titulación académica requirida: licenciado/a en dereito.

Dependencia: Secretaría do Fogga.

Localidade: Santiago de Compostela.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2012.

Rosa M.ª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar