Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 40/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., CC.TT. centro comercial As Cancelas.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, alimentación a CC.TT. centro comercial As Cancelas, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,834 km, coa orixe na subestación de San Caetano (expediente 415/03), condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), e final no C.T. n.º 8 centro comercial As Cancelas, tras realizar entrada e saída nas celas que se van instalar nos centros de transformación previstos e enlace coa L.M.T. subterráneas que alimentan aos CC.TT. Urbanización As Cancelas n.º 1 e n.º 2 (expediente 266/08).

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a C.R. centro comercial As Cancelas (liña cero), a 20 kV, cunha lonxitude de 2×0,614 km, coa orixe en punto de acceso existente en intersección de rúa As Cancelas con vía da urbanización enlace L.M.T.S. SCY-807 (expediente 3/95), condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), e final na mesma liña tras realizar entrada e saída nas celas a instalar no C.T. n.º 3, centro de reflexión do centro comercial As Cancelas.

Centros de transformación non prefabricados n.º 1, 2 e 3, cunha potencia de C.T. n.º 1: 2×630 kVA, C.T. n.º 2: 3×630 kVA, C.T. n.º 3-C.R.: 2×630 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Centros de transformación non prefabricados n.º 4 e 8, cunha potencia de 630 kVA (c/u), e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Centros de transformación non prefabricados n.º 5, 6 e 7, cunha potencia de 2×630 kVA (c/u), e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V. Concello de Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 2 de maio de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña