Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data 29 de febreiro de 2012, relativa ao proxecto da L.A.T. Interconexión do Parque Eólico Punta Maeda, nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña) e O Vicedo e Ourol (Lugo), promovido por Sociedad Eólica Punta Maeda, S.L.

Visto o artigo 5.7 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG n.º 188, do 25 de setembro),

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental do 29 de febreiro de 2012, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, relativa ao proxecto da L.A.T. Interconexión do Parque Eólico Punta Maeda, nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña) e O Vicedo e Ourol (Lugo), promovido por Sociedad Eólica Punta Maeda, S.L., e que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://medioambiente.xunta.es/buscaExpedientes.do e nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, cuarto andar, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2012.

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas