Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21290

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4475/2011, contra a Resolución do 12 de xullo de 2011, sobre a Orde do 13 de xullo de 2011 Aprobación definitiva de forma parcial do PXOM do Concello de Moaña (Pontevedra).

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4475/2011 interposto por Josefa C. Rúa Gayo; Augusto Rúa Estévez e Josefa Gayo Martínez, contra a Resolución do 12 de xullo de 2011, sobre a Orde do 13 de xullo de 2011 Aprobación definitiva de forma parcial do PXOM do Concello de Moaña (Pontevedra).

Para os efectos de cumprir o solicitado no devandito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 24 de abril de 2012.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son empreazadas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas