Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21289

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4463/2011, contra a Resolución do 7 de xullo de 2011, sobre aprobación definitiva da modificación puntual n.º 2 do PXOM do Concello de Curtis (A Coruña).

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4463/2011, interposto por José Freire Filloy, Antonio Quintanilla Ventureira, Eduardo Freire Seoane, Pilar Gómez Freire, María de las Mercedes Bahamonde Sánchez, M.ª Jesús Bahamonde Sánchez, José Ramón Gómez Freire, Celia López Freire, José Antonio Fernández García, Carmen López Freire, Elvira Freire Seoane e José López Bello, contra a Resolución do 7 de xullo de 2011, sobre aprobación definitiva da modificación puntual n.º 2 do PXOM do Concello de Curtis, no ámbito de equipamentos públicos de Curtis (A Coruña).

Para os efectos de cumprir o solicitado no devandito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 3 de abril de 2012.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas