Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2012, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se somete a información pública o expediente de modificación de tráficos da concesión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2523; XG-250, entre O Carballiño e Ribadavia por Cabanelas con anexos.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iníciase expediente de modificación de tráficos da concesión V-2523; XG-250, entre O Carballiño e Ribadavia por Cabanelas con anexos, da titularidade de Autocares Rodríguez Carballiño, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, logo do exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Ourense (rúa José Ángel Valente, 2), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, que se contarán a partir do día siguiente ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 28 de febreiro de 2012.

José Enrique Rivera Sáez
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense