Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica reelectrificación do Monte, no concello de Cospeito (expediente 008/2010 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro, núm. 285) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE do 27 de decembro, núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: reelectrificación do Monte.

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: Cidade de Viveiro 4, Lugo.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión a 20 kV con orixe na L.M.T. Cospeito-ST Setepontes, cunha lonxitude de 780 m sobre dous apoios metálicos tipo C e catro de formigón vibrado, illamento suspendido en cadea e condutor LA-56.

2. Centro de transformación intemperie, situado no Monte, cunha pontencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión con orixe no anterior centro de transformación, cunha lonxitude de 1.027 metros en 18 apoios de formigón e condutor R.Z. de diversa sección para o servizo de nove abonados.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE do 17 de decembro, núm. 351).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que estimen oportunas, no prazo de vinte días hábiles contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE número 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 8 de maio de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio n.º

Ref. catastral

Lugar

Propietario

Cultivo

Afección

Pol. n.º

Parc. n.º

Nome, apelidos e enderezo

Apoio

Voo

N.º

Sup. ocupada m2

Lonxit. m

Sup. afectada m2

1

50

573

Piñeiro

Lucía Rodríguez Corral

O Outeiro, n.º 8

Vilapene. Cospeito

Prado

1 [1/2]

0,75

0 (existente)

40

2

50

574

Piñeiro

Manuel Paredes González

Guldeiros, n.º 3, Pino. Cospeito

Prado

1 [1/2]

0,75

25

356

3

50

578

Piñeiro

Nicasio Manuel Rodríguez Gil

r/ Camiño de Pipín, n.º 4

27099 Lugo

Prado

 

 

20

318

4

50

579

Piñeiro

José Luis Roca Bodenlle

O Franco, n.º 5

Vilapene. Cospeito

Prado

 

 

8

120

5

50

580

Piñeiro

José Luis Roca Bodenlle

O Franco n.º 5

Vilapene. Cospeito

Prado

 

 

20

322

7

50

585

Terreo de Piñeiro

José Luis Roca Bodenlle

O Franco n.º 5

Vilapene. Cospeito

Prado

 

 

19

305

8

50

583

Piñeiro

José Luis Roca Bodenlle

O Franco, n.º 5

Vilapene. Cospeito

Prado

 

 

15

240

9

50

587

Piñeiro

María Blanco Fraga

O Outeiro

Vilapene. Cospeito

Labradío

 

 

14

233

10

50

588

Piñeiro

Andrés Rodríguez Álvarez

O Franco, n.º 7

Vilapene. Cospeito

Labradío

2 [1/2]

0,75

14

222

11

50

592

Piñeiro

José María Gesto González

Guldeiros, Pino. Cospeito

Prado

2 [1/2]

0,75

33

522

13

50

594

Piñeiro

Manuel Bodenlle Rodríguez

Torre, n.º 57-1.º

15002 A Coruña

Prado

 

 

35

561

14

50

602

Piñeiro

Hrdos. de Antonio Blanco Bodenlle. Rpta. Antonio Blanco Martínez

O Carboeiro, 8, Oleiros

27812 Vilalba

Prado

 

 

35

561

16

50

603

Piñeiro

Hrdos. de Antonio Blanco Bodenlle. Rpta. Antonio Blanco Martínez

O Carboeiro, 8, Oleiros. Vilalba

Prado

 

 

 

24

17

50

615

Lameira

Manuel Rego Gayoso

A Modia, 10,

Vilapene. Cospeito

Prado

 

 

 

4

19

50

619

Lameiras

Benedicta Pardo Castiñeira

O Franco n.º 10

Vilapene. Cospeito

Prado

 

 

15

234

20

50

621

Lameira

María Salomé Rodríguez Blanco

A Modia

Vilapene. Cospeito

Prado

 

 

9

144

24

50

628

Piñeiro

Andrés Rodríguez Álvarez

O Franco, n.º 7

Vilapene. Cospeito

Prado

 

 

3

51

27

50

642

Piñeiro

Benigno Emerenciano Paredes Debasa

Seixas. Cospeito

Prado

 

 

16

204

29

50

640

Piñeiro

Manuel López García Guldeiros

Pino. Cospeito

Prado

 

 

 

16

30

50

639

Curro do Perucho

Josefa Cristina Pardo Castiñeira

Vilasuso, Seixas. Cospeito

Prado

 

 

 

48

34

50

631

Grandella

Manuel Bodenlle Rodríguez

Torre, n.º 57-1.º

15002 A Coruña

Prado

 

 

 

1

36

49

790

Roza

Manuel Bodenlle Rodríguez

Torre, n.º 57-1.º

15002 A Coruña

Prado

 

 

73

1088

37

49

791

Roza

Manuel Bodenlle Rodríguez

Torre, n.º 57 -1.º

15002 A Coruña

Prado

 

 

 

35