Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.
Denominación: bucle Minas-A Rúa.
Situación: concello do Pino.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,553 km, coa orixe no paso aero-subterráneo que se instalará nun apoio existente da L.M.T. Millares-Quión (expediente IN407A 2002/247) no tramo entre a derivación ao C.T. Arinteiro e a derivación aos CC.TT. O Vinte e Traída de Augas e final na cela de liña do centro de seccionamento Minas (expediente IN407A 2011/305), en condutor R.H.Z.1-20L 12/20 kV 3(1×240) mm2 Al.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 10 de maio de 2012.
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña