Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2011/85-2, 7923 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Lucus Market S.L.U.

Domicilio social: P.I. de Piadela, s/n, 15300 Betanzos, A Coruña.

Denominación: instalación de L.M.T.S. e C.T. de 630 kVA para dar servizo a supermercados.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, consistente en anelar na L.M.T.S. Ceao 3 entre o C.S. Ingapan 2 e o C.D. Benigno Rivera ao C.S. proxectado, cunha lonxitude de 13 metros en condutor tipo R.H.Z.1-240 mm.

– C.S. no límite da parcela en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de ruptofusible.

– L.M.T. a 20 kV, con orixe nunha cela de ruptofusible do centro de seccionamento proxectado e final nunha cela de liña do C.T. proxectado, cunha lonxitude de 3 metros en condutor tipo R.H.Z.1-240 mm.

– C.T. en edificio non prefabricado, cunha potencia de 630 kVA, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, relación de transformación 20.000/ 400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 21 de maio de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo