Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 10 de maio de 2012, do Servizo Técnico-Xurídico, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada 2011/029-RA-O en materia de protección do patrimonio cultural interposto por Xosé Inacio Palomanes Rodríguez.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a quen non se lle puido facer por correo certificado, a resolución do recurso de alzada en materia de protección do patrimonio cultural.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano, bloque 3, 2.º, Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2012.

Beatriz Otero Schmitt
Xefa do Servizo Técnico-Xurídico

ANEXO

N.º de expediente: 2011/029-RA-O.

Interesado: Xosé Inacio Palomanes Rodríguez.

Último enderezo coñecido: r/ Vila Valencia n.º 18-5.º G, 32002 Ourense.

Resolución notificada: resolución do recurso de alzada