Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Aplex, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do rexistro de cooperativas, faise público que esta Xefatura Territorial de Vigo resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Aplex, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral que tivo lugar o 28 de febreiro de 2012, neste rexistro provincial de cooperativas. Consta como novo domicilio social rúa Rosalía de Castro, 6-1.º B, do concello de Salceda de Caselas.

Vigo, 2 de maio de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo