Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da disolución por cumprimento do termo fixado nos estatutos da entidade Sociedade Cooperativa Galega Limitada de Vivendas Monte Aloia, en liquidación.

En cumprimento do disposto no artigo 62 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, aprobado polo Decreto 430/2001, do 18 de decembro, esta xefatura territorial dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da disolución da entidade Sociedade Cooperativa Galega Limitada de Vivendas Monte Aloia, en liquidación, por cumprimento do termo fixado nos estatutos, e dase así apertura á fase de liquidación.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da disolución da entidade Sociedade Cooperativa Galega Limitada de Vivendas Monte Aloia, en liquidación, por cumprimento do termo fixado nos estatutos, dándose así apertura á fase de liquidación.

A Coruña, 9 de maio de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña