Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2012 Páx. 21064

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (848/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 848/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen Susana Orallo Catoira contra a empresa Satdata Telecom, S.L., Demotecnia Soluciones Tecnológicas, S.L., Alilu Inversiones del Atlántico, S.L., Valedeme, S.L. sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa decisión di:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda por despedimento, promovida por Carmen Susana Orallo Catoira contra as entidades Satdata Telecom, S.L., Valedeme, S.L. e Emergency Security and Logistic Control, S.L.U., Radiotech Labs, S.L., Democom Radiocomunicaciones, S.L., Alilu Inversiones del Atlántico, S.L. e Democom Radiocomunicaciones, S.L., en consecuencia debo absolver e absolvo as anteriores entidades de todos os pedimentos formulados na súa contra, confirmando o despedimento obxectivo da traballadora, efectuado o 23 de xuño de 2011.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, número 47570000, código 36 e número de expediente, máis 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e poderá substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo. Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación ás empresas Satdata Telecom, S.L., Alilu Inversiones del Atlántico, S.L. e Radiotech Labs, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 10 de maio de 2012.

A secretaria xudicial