Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2012 Páx. 21066

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1087/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1087/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Victoria Miragaya Saavedra contra a empresa Suryabheda, S.L., sobre procedemento ordinario, ditouse a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Victoria Miragaya Saavedra contra a entidade Suryabheda, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a Suryabheda, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 5.638,48 euros, incrementada no xuro do 10% por demora aplicable aos conceptos salariais. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, número 47570000, código 36 e número de expediente, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Suryabheda, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino e asino este edicto.

A Coruña, 10 de maio de 2012.

A secretaria xudicial