Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2012 Páx. 21067

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1298/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que nos autos seguidos neste xulgado co número 1298/2009 se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 30 de abril de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre recarga de prestacións 1298/2009, sendo demandante Jorge Villar Iglesias, asistido pola letrada Sra. Varela Pombo, e demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Guerra Díaz, así como a empresa Construcciones José Carro, S.A., e a empresa Arte e Interorismo del Norte, S.L., e

Dispoño que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Jorge Villar Iglesias, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), así como contra a empresa Arte e Interiorismo del Norte, S.L., e contra a empresa Construcciones José Carro, S.A., e, en consecuencia, absolvo as entidades demandadas de cantas pretensións se exercesen na súa contra en méritos deste procedemento.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Ana Rodríguez Piorno, asinado».

Publicada no día da súa data.

E para que sirva de notificación a Construcciones José Carro, S.A., Arte e Interiorismo del Norte, S.L., Artinor, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 7 de maio de 2012.

A secretaria xudicial