Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2012 Páx. 21062

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3315/2009-CON).

Tipo e n.º de recurso: recurso de suplicación 3315/2009 CON.

Materia: alta médica.

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Egarsat Matepss n.º 276 (antes SAT Mutua).

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, Traverpon, S.L., Rafael Simón Paz.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 de Pontevedra. Demanda: 550/2008.

Secretaría: María Socorro Bazarra Varela.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 3315/2009-CON a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 550 e 753/2008 do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, Traverpon, S.L., Rafael Simón Paz, sobre alta medica, con data 8 de marzo de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social e a Mutua Egarsat contra a sentenza de data 31.3.2009 ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra en autos número 550/2008 e 753/2008 sobre impugnación de alta médica, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano). Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Con data 20 de marzo de 2012 ditouse auto de aclaración cuxa parte dispositiva é do teor literal:

Que procede aclarar a resolución desta sala de data 8 de marzo de 2008 ditada nas presentes actuacións, o que se fai no sentido seguinte: que no encabezamento desta debe figurar como nome do demandante Rafael Simón Paz en lugar de Rafael Simón Couso.

Fáiselles saber ás partes que contra esta resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo do recurso de casación para a unificación de doutrina, cuxo prazo quedou interrompido desde que se solicitou a aclaración, continuando o seu cómputo desde o día seguinte á notificación desta resolución. Expídase certificación da presente resolución para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal, en unión da sentenza, ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por este auto, o pronunciamos e mandamos co secretario da sala, que dá fe.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Traverpon, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 8 de maio de 2012.

A secretaria xudicial