Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2012 Páx. 21059

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2012 pola que se nomea profesorado contratado doutor (CD1102).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante resolución desta universidade, do 27 de outubro de 2011 (DOG do 10 de novembro), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 7.ª da convocatoria,

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato polas persoas interesadas que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 22 de maio de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código: CD1102-H10-567-CD-01.

N.º de prazas: 1.

Corpo: profesor/a contratado/a doutor/a.

Área de coñecemento: A-567 Lingua española.

Departamento: H10 Lingua Española.

Centro de traballo: 202 Fac. CC. Educación e do Deporte – Pontevedra.

DNI: 72090311-P.

Nome e apelidos: Miguel Cuevas Alonso.

Código: CD1102-H10-567-CD-02.

N.º de prazas: 1.

Corpo: profesor/a contratado/a doutor/a.

Área de coñecemento: A-567 Lingua española.

Departamento: H10 Lingua Española.

Centro de traballo: 301 Facultade de Filoloxía e Tradución – Vigo.

DNI: 36073942-Y.

Nome e apelidos: M.ª Regina Rodríguez Vega.

Código: CD1102-H12-814-CD-01.

N.º de prazas: 1.

Corpo: profesor/a contratado/a doutor/a.

Área de coñecemento: A-814 Tradución e interpretación.

Departamento: H12 Tradución e Lingüística.

Centro de traballo: 301 Facultade de Filoloxía e Tradución – Vigo.

DNI: 35557484-J.

Nome e apelidos: Beatriz M.ª Rodríguez Rodríguez.

Código: CD1102-T14-800-CD-01-02.

N.º de prazas: 2.

Corpo: profesor/a contratado/a doutor/a.

Área de coñecemento: A-800 Teoría do sinal e comunicacións.

Departamento: T14 Teoría do Sinal e Comunicacións.

Centro de traballo: 305 Escola de Enxeñaría de Telecomunicación – Vigo.

DNI: 36097683-B.

Nome e apelidos: Marta Gómez Araújo.

DNI: 78734065-M.

Nome e apelidos: Laura Docío Fernández.

Código: CD1102-X05-187-CD-01.

N.º de prazas: 1.

Corpo: profesor/a contratado/a doutor/a.

Área de coñecemento: A-187 Didáctica da expresión corporal

Departamento: X05 Didácticas Especiais.

Centro de traballo: 202 Fac. CC. Educación e do Deporte – Pontevedra.

DNI: 32828942-F.

Nome e apelidos: José María Pazos Couto.