Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20548

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1127/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Manuel Pérez Noya contra Central Mecanizadora de Limpiezas Gallega, S.A. e o Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 1127/2009, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

«Asunto 1127/2009.

A Coruña, 30 de abril de 2012.

Lara M.ª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, logo de ver estes autos sobre cantidades, por instancia de Manuel Pérez Noya, que comparece representado pola letrada Sra. Vázquez Méndez, contra a empresa Central Mecanizadora de Limpiezas Gallega, S.A., que non comparece, e o Fondo de Garantía Salarial, que comparece representado pola letrada Sra. Abajo Lera, ditou a seguinte sentenza:

«Resolvo que, considerando a demanda interposta por Manuel Pérez Noya contra a empresa Central Mecanizadora de Limpiezas Gallega, S.A., condeno a esta a que lle aboe a cantidade de tres mil oitocentos cincuenta e sete euros e vinte e tres céntimos (3.857,23 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada, deberá acreditalo mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, podendo substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén a consignación na indicada conta da suma de 300 euros preceptiva para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Central Mecanizadora de Limpiezas Gallega, S.A., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, oito de maio de dous mil doce.

A secretaria xudicial